GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

lunes, noviembre 19, 2007

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º

CEREIXO, 0- U.D. RIBERA, 2
Goles: Josiño y David Otero.

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

U.D. RIBERA, 2- SAN MIGUEL, 3
Goles: Cano (2)
U.D. Ribera: Sergio, Néstor, Asier, David M., Óscar(C), Sevilla, Anselmo, Miguel, Cano, Mauro, Jordan(Macua)
Crónica Victor V.
Partido o de este sábado no que o Ribera desaproveitou dúas ventaxas no marcador nun partido marcado polo desconcerto xeral provocado por circunstancias alleas ó xogo. Comezaba o partido de xeito esperanzador, co Ribera ben plantado no terreo de xogo e mostrándose superior ó rival. Deste xeito, cando corría o primeiro cuarto de hora de partido, unha boa combinación no medio campo deixaba a Cano man a man co porteiro e éste resolvía con frialdade. Sen embargo, catro minutos despois chegaba o primeiro xarro de auga fría por medio dunha inofensiva falta botada á area que conta coa indecisión na defensa e acaba colándose directamente á rede. Poido rehacerse o equipo local deste traspé collendo de novo as rendas do encontro e un balón largo é cazado de novo por Cano que lle gaña a acción a dous defensas e marca de bolea cruzada un fermoso tanto.Despois disto, co partido controlado sucédense as desgracias: primeiro, nun balón solto, David e Jordan chocan frontalmente e acaba cunha fractura de tabique deste último, e no medio das asistencias oportunas, un pelotazo sobre a área sorprende a Sergio que non mide ben a saída e increiblemente o balón cólase na portería. Éste foi un golpe insuperable para os xuvenís, que xa non foron quen de voltar ó xogo dos primeiros minutos e as imprecisión e o xogo deslabazado apoderábase deles de aquí ata o final. Tan só unha carreira de Anselmo, que supera a cantos rivais lle salen o paso, deixa un pase da morte que non atopa rematador. Pero o peor estaba por chegar e, a falta de tres minutos para o final, nun córneren contra, un xogador rival remata, incomprensiblemente, libre de marca na área pequena, pondo o resultado final no marcador.En resume, un partido para olvidar que o Ribera debe superar canto antes, cunha victoria no próximo encontro

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

G.D. MIÑO, 0- U.D. RIBERA, 8

Goles: Gándara 2, Alvaro 2, Isma 2 y Oscar Moreno 2.
Alineación U. D Ribera: Pablo(Esteban min.40), Jorge(Isma min.30), Dani, Rubén, Gándara,Fabián, Alvaro, Adrián, Gabi(Oscar Moreno min.45) Osvaldo(Suso min.50) y Jhony(Miguel min.50).
Municipal da Sangriña- A Guarda o sabado.
Partido sen historia dende o minuto 1 no que xa marcou Gándara coa testa a saída dun corner en xogada de estratexia. Pouco traballo para os nosos porteiros e superioridade manifesta do Ribera fronte o pecha cancelas da categoria.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

GONDOMAR, 3;U.D. RIBERA , 0

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Lembrade que é "A fin de semana "... que non se diga que o futbol é sinonimo de ignorancia

Anónimo dijo...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.