GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

lunes, octubre 29, 2007

RESULTADOS



Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.
Jornada 7 - 28/10/2007

U.D. RIBERA, 2- U.D. MOS, 1

Goles: Josiño e Julián.

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

COLEGIO APOSTOL , 4- U.D. RIBERA, 2(Oscar e Anselmo)
(Crónica Victor V.)
U.D. Ribera: Sergio, Nestor, Pini, Asier, David M., Sevilla, Anselmo, Miguel(Cano), Óscar(Koeman), Pichi, Jordan.Partido disputado no campo do colexio Apóstol de Vigo, no que unha vez máis os erros defensivos no comezo do partido botaron por terra un traballo colectivo que non merecía tal castigo.Corrían os primeiros minutos cando un despiste tra-lo despexe dun córner permite o 1-0. Poucos minutos despois, unha serie de rechaces na área pequena acaba co 2-0 no marcador, que daba un premio excesivo e inesperado ó equipo local. Antes do descanso, Óscar recorta distancias.A segunda parte foi un auténtico monólogo de ataques e ocasións para o Ribera, que mostraba ambición e loita en cada xogada, mostrándose moi superior ó rival, pero unhas veces a mala fortuna e outras a falta de definición impiden que se faga xustiza no marcador. O Ribera conta con ata seis ocasións claras de gol pero no único achegamento local, o árbitro invéntase un penalti que significa a sentencia. Antes do remete, un erro de Sergio á hora de medi-la saída permite o cuarto gol local e tres minutos despois Anselmo empurra á rede un servicio de Cano e pon o resultado final no marcador.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º.

U.D. RIBERA,3- SAMPAIO, 1
Goles: Adrián, Alvaro e Osvaldo.
(Crónica Anxo V.)
U. D. Ribera: Pablo(Esteban, min.60), Noel, Dani, Jorge(Osvaldo min.35), Rubén, Gándara, Alvaro, Ismael, Fabio(Suso min.60), Fabián, Adrian(Iván, min.70).
Mal partido no municipal da Mata.
Os tres minutos Adrián recibe un bo pase de Alvaro en profundidad que cruza a saída do porteiro rival 1-0. Isto en vez de ser bo, fixo que o Ribera dormitase durante o resto do partido dandolle o balón o equipo contrario. Aínda así a superioridade do Ribera faciase evidente, e noutra xogada aislada nun bo disparo de Alvaro poriase o dous a cero no marcador. Pero a insistencia do Sampaio e a desidia do Ribera seguía, ata que antes do medio tempo una xogada mal defendida por todo o equipo convirtese no 2-1 que metia o medo no corpo o noso equipo.
Na segunda parte una timida reacción con alguns minutos de bo xogo combinativo permitian acadar o 3-1 tranquilizador por medio de Osvaldo remantado un bo centro dende a dereita. De ahí ata o final boas intervencions de Esteban e a incapacidade do Sampaio impediron que os puntos voasen do noso peto nun partido para esquecer.


SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.


U.D. RIBERA , 13- SALVATIERRA, 0


Alineación: PABLO, RUBEN, ADRIAN, BRUNO, JORGE, DIEGO, PUERTAS, OSCAR, TOÑI,QUIQUE, VILLA.


GOLES: Villa (8) Oscar (2) Quique (1) Gorge (1) Marcos (1)

viernes, octubre 26, 2007

RESULTADO DA ULTIMA ENQUISA

Onte finalizou o plazo para responder a enquisa que viñamos de consultar con todos os usuarios da páxina que como ben sabedes era: Despois de ollar ao equipo nas primeiras xornadas e despois dos bos resultados obtidos ademais pensas que o equipo "joga bonito".

O resultado foi o seguinte:
A opcion mais votada foi a de "O que importan son os resultados" con un 39% dos votos totais. Seguida de preto por a de "Debe mellorar o xogo" con un 30% dos votos, no terceiro lugar a opción elexida foi o sí cun 14 % e última a opción do non cun 6% dos votos.
Disto desprendesé que nesta tempada o que desexase e que o equipo ascenda de categoría principalmente, e se ademais e facendo bo xogo, pois mellor.
Proximamente colgaremos una nova consulta esperando teña tan boa acollida como esta ultima e que os xogadores e técnicos tomen boa conta e acaden o obxetivo.

O RIBERA DO FUTURO
BENJAMINES 07-08: De pe de esq a dereita; Sevilla(Ent.), Patri , Adri, Cristian, Alex , Rubén, Oscar, Estebán , Raúl y Jose(Deleg.).
Abaixo: Noa, Cibrán, Manu, David, Andrés, David, Borja, Braian, Oscar, David y Martiño.

miércoles, octubre 24, 2007

CALENDARIO PARA ESTE FIN DE SEMANA

Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.
Jornada 7 - 28/10/2007


G.D.MIÑO VS ALERTA SANGUIÑEDA
NIGRAN C.F. "B" descansa
S.D. MOSENDE VS RACING VILARIÑO "B"
U.D. RIBERA VS U.D. MOS

Hora 16,30 Campo "A Mata" O Rosal
R.C.D. MOUGAS VS C.D. NESPEREIRA
C. GUILLAREY VS GOIAN F.C.
TYDE C.F. VS U.D. CEREIXO
D. SAN SALVADOR VS GONDOMAR F. BASE


Atractivo e interesante partido no que o Ribera disputa o liderato a outro dos galos do grupo que a o igual que o noso equipo segue invicto despois de seis xornadas.

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

COLEGIO APOSTOL VS U.D. RIBERA

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º.
A MATA-O ROSAL 28-10-07 AS 11:00H.

U.D. RIBERA VS SAMPAIO

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.
A MATA-O ROSAL 27-10-07 AS 16:30 H

U.D. RIBERA VS SALVATIERRA

CLASIFICACIONES futbolbase


lunes, octubre 22, 2007

ULTIMA XORNADA

Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.

RACING VILARIÑO "B", 0; U.D.RIBERA, 1(Mauri)


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

U.D. RIBERA, 0; GRAN PEÑA, 2

(Crónica Victor V.)Partido correspondente á sexta xornada do campionato disputado no municipal de A Mata. Presentábase un partido complicado para o equipo xuvenil, posto que enfrentábase ó líder da categoría co equipo repleto de baixas, entre sancionados e lesionados. Sen embargo ísto non amilanou ó Ribera, que fixo un partido máis que digno, pelexando os noventa minutos e non dando un balón por perdido. Soamente a mala sorte e dous despistes defensivos botaron por terra un traballo que non merecía tal desenlace. Corría o minuto vintecinco de partido cando unha boa combinación da banda dereita visitante remátalla a dianteira, pero a boa intervención de Sergio ten a mala fortuna de non ser ben protexida pola defensa e na área pequena é remechada á rede. Soamente sete minutos despois a historia repítese: Sergio desbarata en primeira instancia pero a defensa descoida as marcas e o rechace permite o segundo gol visitante. A partir de aquí, moitos intentos locais por acercarse a área pero o esforzo non trae consigo o premio merecido, entre as deseperantes decisións do colexiado e as constantes imprecións.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

TOMIÑO C.F., 1; U.D. RIBERA, 2

Goles: Jhony y Gabi.
Alineación do Ribera: Pablo(**), Noel(*)(Suso(*) min.72), Dani(**), Gándara(***), Rubén(*)(Jorge(*) min.50), Jhony(**), Fabián(**), Osvaldo(**)(Gabi(**) min.60), Ismael(*), Oscar Moreno(*)(Adrián(*) min.65) y Alvaro(**).

(Crónica Anxo V.)
Partido de rivalidade disputado o sábado no campo da Carballa en Tomiño.
Moita intensidade, moita emoción , pero pouco xogo.
Saíu o Ribera disposto a controlar o partido desde o primeiro momento pero a fortaleza física do medio campo tomiñes facía que os dous equipos estivesen imprecisos nos ultimos pases para chegar con claridade á portería rival.
O Ribera intentábao con tiros desde fóra do area que chegaban sen dificultade ás mans do porteiro tomiñés. O Tomiño só creou perigo a balón parado nunha falta que se estrelou na cruceta da meta defendida por Pablo.
Na segunda parte as cousas seguiron mais ou menos igual ata que no minuto 55 unha falta afastada que lanza Jhony bota diante do porteiro do Tomiño e cóase entre o tres paus pondo o 0-1 no marcador.Son os mellores minutos do Ribera, cun bo traballo defensivo controlaba as acometidas do Tomiño en busca do empate e nos contaataques crea perigo e está a piques de facer o dous a cero, pero nunha xogada na que o arbitro invéntase retención de 5 segundos por parte de Pablo no saque dun balón que tenia totalmente controlado, pita falta dentro do area que o Tomiño saca rapidamente para empatar, sen que ao Ribera déselle tempo a saír do seu asombro.
O Ribera non se desmorona e segue firme en busca da vitoria, ata que nos ultimos minutos unha falta identica á anterior tambien sacada por Jhony do mesmo xeito é rexeitada polo porteiro, e Gabi en boca de gol fai o 1 a 2 definitivo.


SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

TOMIÑO, 1; U.D. RIBERA, 5

jueves, octubre 18, 2007

CLASIFICACIONES




martes, octubre 16, 2007

RESULTADOS ULTIMA XORNADA


13 E 14 DE OUTUBRO

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

RAPIDO DE BOUZAS B, 6; U.D. RIBERA, 0

Sergio, Néstor, Macua (Jordan m.45), David M., Asier, Sevilla, Anselmo, Pichi, Cano (Miguel m. 70), Óscar (C), Koeman (Rustu m.80)

(Crónica Victor V.)Encontro da 5ª xornada disputado no Baltasar Pujales de Bouzas.Pouca historia a deste partido, mais que a primeira media hora de xogo na que existiu a disputa e a igualdade. A partir de aquí, coincidindo co segundo gol local e tras errar Cano e Óscar sendos un contra un co porteiro, o Ribera desapareceu, recibindo un severo castigo, acrecentado coas expulsións de Anselmo e Asier. O Bouzas aproveitouse da debilidade visitante e completou a goleada nos últimos dez minutos.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

U.D. RIBERA, 1(Álvaro);GONDOMAR, 1

Alineación Ribera: Pablo, Noel, Dani, Gándara, Rubén,Fabio(Adrián, min.60),Fabián, Alvaro,Isma, Oscar Moreno y Osvaldo(Gabi,min.55).
(Crónica Anxo V.)
4ª xornada de liga. Moita igualdade neste grupo que parece que vai ser a tónica xeral. Outra vez un partido moi disputado que puido caer ao lado de calquera dos dous equipos. Un interesante partido con todos os ingredientes para pasalo ben, alternativas, loita e emoción no resultado ata o final.
Adiantouse o Ribera no minuto 65 nun balón perdido que se atopou Álvaro no area rival, grazas á loita e o empeño de Adrián. O Gondomar a pesar do gol non veuse abaixo e seguiu xogando coa mesma forza e agora mais motivado coa seguridade de que merecían o empate. O Ribera veu atrás no intento de pechar o partido e levar os tres puntos e aí estivo a súa equivocación. Puido ser distinto se nun contraataque do Ribera, Adrián acertase coa portería no man a man co porteiro para facer o dous a cero. Pero na seguinte xogada, ante a falta de presión no medio campo, un centro ao area do Gondomar é rematado de cabeza polo seu dianteiro centro de gran altura e fortaleza física, en loita desigual con Pablo, para acadar o empate
.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

U.D. RIBERA, 6(Oscar, 3, Brais, Quique y p.p.)-U.D. MOS, 3

Alineación U.D. Ribera: Pablo, Diego, Adrian, Bruno(David), Ivan, Marcos, Puertas, Oscar,Quique, Jorge(Rubén), Brais(Toñi).

martes, octubre 09, 2007

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA


Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.


SANGUIÑEDA, 1;U.D.RIBERA, 3

Goles: Migui, Josiño y (P.P.).



RESULTADOS FUTBOL BASE


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

U.D. RIBERA, 3; RACING VILARIÑO, 3
Goles:(Anselmo, 3)
Alineación da U.D. Ribera: Sergio, Néstor, Macua (Pini), Asier, David, Sevilla, Anselmo, Mauro(Iván), Cano(Miguel), Koeman y Pichi(Jordan). Antes de comenzar o partido guardouse un minuto de silencio polo falecemento da aboa do xogador local Sevilla.
(Crónica Victor V.)
Partido da 4ª xornada disputado no Estadio de A Mata, que presentaba un aspecto inmellorable para o xogo. O que nun principio parecia que sería un partido fácil para o Ribera converteuse nun encontro complicado e cheo de erros que fixo que un punto se considere un mal menor. Adiantouse o Ribera cun claro penalti por mans dentro da área que Anselmo convirte con tranquilidade. Pouco despois nunha boa combinación entre Mauro, Cano e Anselmo acaba co segundo tanto a prol dos locais. Ata aquí o Ribera mostrouse expeditivo e seguro na defensa, sen permitir achegamentos visitantes, pero a dous minutos do descanso, un erro en cadea da defensa, permite que unha inocente falta se converta no 2 a 1. Este gol espolea ó Vilariño e mete o medo no corpo ó Ribera, que se ven incomprensiblemente atrás. Xa no segundo tempo e prácticamente de forma seguida e sen posibilidade de resposta chegan o empate e o 2 a 3 a prol do Vilariño,conseguidos tras sendos erros defensivos. A partir dese momento, tralos conseguintes minutos de desconcerto, o Ribera desperta e consegue ter un mínimo control do xogo, botarse arriba e ter ocasións de gol. Desta forma, nos minutos finais, Anselmo recibe na frontal, encara ó rival e,tras desbordalo, vese zancadilleado dentro da área: penalti claro que él mesmo volve transformar con mestría. Así pois, tralos 90 minutos, un punto que se pode dar por bó visto o sucedido no terreo de xogo.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

U.D. RIBERA-Xornada de lecer.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

ADECA CAMYPOR, 1; U.D. RIBERA, 3

Goles:Quique, Puertas y Brais.

lunes, octubre 01, 2007

RESULTADO DERRADEIRA XORNADA


U.D. RIBERA, 3; G.D. MIÑO, 2


Equipo del G.D. Miño. A Mata-O Rosal. (Foto. Gándara)





(Foto.Gándara)




Neste partido fixo o saque de honra o ciclista rosaleiro Serafín Martínez, de regreso da sua exitosa participación na Volta ciclista a España, na que antes de ter que deixar a ronda, estivo como lider da Montaña nove días.

Serafín Martínez Acevedo

O Rosal, 1984Altura: 184 cm.Peso: 72 quilos.Pulsacións: 44.
Na súa etapa amateur compaxinou a bicicleta cos estudios de Económicas. Viviu tamén un paréntese largo de inactividade por un problema nunha perna que o obrigou a pasar polo quirófano e do que está plenamente restablecido, como confirmou o ano pasado acadando a medalla de bronce no Campionato de España de Contrarreloxo Sub-23.Valoración de Álvaro Pino: "Ciclista cun gran físico ao que vamos a levar con tranquilidade"

RESULTADOS FUTBOL BASE


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

PORRIÑO IND. "B", 2; U.D. RIBERA, 2

Goles: Rubén (Koeman) por partida doble.
Crónica(Victor V.)
Nefasta actuación arbitral que privounos da victoria.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º.

R.C.D. MOUGAS, 1; U.D. RIBERA, 0

Crónica(Ángel V.)
Sábado á tarde en Mougas.
Estebán, Pablo, Jorge, Dani, Rubén, Gándara, Isma, Roberto (Noel), Alvaro, Oscar Moreno (Iván) e Gabri (Adrián).
Vento, moito vento con intres de choiva forte. Area nos ollos de tódolos presentes. Os que coñecemos este campo ben sabemos, que antes ou despois, mellor axiña, débese pensar,por quen corresponda, cambialo de ubicación. O oitenta por cento dos partidos xóganse nunhas condicións imposibles.
O que parecía en principio un bo arranque, ao gañar no sorteo o campo a favor de vento, non foi tal. Pechamos ó Mougas no seu campo, pero faltou tacto e puntería para acadar o gol nas numerosas ocasións das que dispuxemos. Gándara fixo esforzarse o porteiro nunha falta, Oscar M. enviou o balón ó longueiro co porteiro xa superado, Gabri non acertaba a rematar cando ía cara porta, etc. Esteban, agás en dous achegamentos sen forza do contrario, foi un espectador máis.
Na segunda parte, co vento en contra, controlámo-lo partido e tivemos tamén ocasións. Pero ¡o que é o fútbol !, quizáis no único achegamento con certo perigo do Mougas, ó enviar unha falta á nosa área, balón dividido que nin Esteban, nin a defensa despexa, e un xogador do Mougas remata de cabeza en plancha para obte-lo gol da victoria.
Inxusto castigo para o Ribera que sempre foi superior.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

U.D. RIBERA, 5; O CONDADO F.C. "B", 0