GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

lunes, octubre 22, 2007

ULTIMA XORNADA

Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.

RACING VILARIÑO "B", 0; U.D.RIBERA, 1(Mauri)


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

U.D. RIBERA, 0; GRAN PEÑA, 2

(Crónica Victor V.)Partido correspondente á sexta xornada do campionato disputado no municipal de A Mata. Presentábase un partido complicado para o equipo xuvenil, posto que enfrentábase ó líder da categoría co equipo repleto de baixas, entre sancionados e lesionados. Sen embargo ísto non amilanou ó Ribera, que fixo un partido máis que digno, pelexando os noventa minutos e non dando un balón por perdido. Soamente a mala sorte e dous despistes defensivos botaron por terra un traballo que non merecía tal desenlace. Corría o minuto vintecinco de partido cando unha boa combinación da banda dereita visitante remátalla a dianteira, pero a boa intervención de Sergio ten a mala fortuna de non ser ben protexida pola defensa e na área pequena é remechada á rede. Soamente sete minutos despois a historia repítese: Sergio desbarata en primeira instancia pero a defensa descoida as marcas e o rechace permite o segundo gol visitante. A partir de aquí, moitos intentos locais por acercarse a área pero o esforzo non trae consigo o premio merecido, entre as deseperantes decisións do colexiado e as constantes imprecións.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

TOMIÑO C.F., 1; U.D. RIBERA, 2

Goles: Jhony y Gabi.
Alineación do Ribera: Pablo(**), Noel(*)(Suso(*) min.72), Dani(**), Gándara(***), Rubén(*)(Jorge(*) min.50), Jhony(**), Fabián(**), Osvaldo(**)(Gabi(**) min.60), Ismael(*), Oscar Moreno(*)(Adrián(*) min.65) y Alvaro(**).

(Crónica Anxo V.)
Partido de rivalidade disputado o sábado no campo da Carballa en Tomiño.
Moita intensidade, moita emoción , pero pouco xogo.
Saíu o Ribera disposto a controlar o partido desde o primeiro momento pero a fortaleza física do medio campo tomiñes facía que os dous equipos estivesen imprecisos nos ultimos pases para chegar con claridade á portería rival.
O Ribera intentábao con tiros desde fóra do area que chegaban sen dificultade ás mans do porteiro tomiñés. O Tomiño só creou perigo a balón parado nunha falta que se estrelou na cruceta da meta defendida por Pablo.
Na segunda parte as cousas seguiron mais ou menos igual ata que no minuto 55 unha falta afastada que lanza Jhony bota diante do porteiro do Tomiño e cóase entre o tres paus pondo o 0-1 no marcador.Son os mellores minutos do Ribera, cun bo traballo defensivo controlaba as acometidas do Tomiño en busca do empate e nos contaataques crea perigo e está a piques de facer o dous a cero, pero nunha xogada na que o arbitro invéntase retención de 5 segundos por parte de Pablo no saque dun balón que tenia totalmente controlado, pita falta dentro do area que o Tomiño saca rapidamente para empatar, sen que ao Ribera déselle tempo a saír do seu asombro.
O Ribera non se desmorona e segue firme en busca da vitoria, ata que nos ultimos minutos unha falta identica á anterior tambien sacada por Jhony do mesmo xeito é rexeitada polo porteiro, e Gabi en boca de gol fai o 1 a 2 definitivo.


SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

TOMIÑO, 1; U.D. RIBERA, 5

No hay comentarios: