GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

martes, octubre 16, 2007

RESULTADOS ULTIMA XORNADA


13 E 14 DE OUTUBRO

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

RAPIDO DE BOUZAS B, 6; U.D. RIBERA, 0

Sergio, Néstor, Macua (Jordan m.45), David M., Asier, Sevilla, Anselmo, Pichi, Cano (Miguel m. 70), Óscar (C), Koeman (Rustu m.80)

(Crónica Victor V.)Encontro da 5ª xornada disputado no Baltasar Pujales de Bouzas.Pouca historia a deste partido, mais que a primeira media hora de xogo na que existiu a disputa e a igualdade. A partir de aquí, coincidindo co segundo gol local e tras errar Cano e Óscar sendos un contra un co porteiro, o Ribera desapareceu, recibindo un severo castigo, acrecentado coas expulsións de Anselmo e Asier. O Bouzas aproveitouse da debilidade visitante e completou a goleada nos últimos dez minutos.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

U.D. RIBERA, 1(Álvaro);GONDOMAR, 1

Alineación Ribera: Pablo, Noel, Dani, Gándara, Rubén,Fabio(Adrián, min.60),Fabián, Alvaro,Isma, Oscar Moreno y Osvaldo(Gabi,min.55).
(Crónica Anxo V.)
4ª xornada de liga. Moita igualdade neste grupo que parece que vai ser a tónica xeral. Outra vez un partido moi disputado que puido caer ao lado de calquera dos dous equipos. Un interesante partido con todos os ingredientes para pasalo ben, alternativas, loita e emoción no resultado ata o final.
Adiantouse o Ribera no minuto 65 nun balón perdido que se atopou Álvaro no area rival, grazas á loita e o empeño de Adrián. O Gondomar a pesar do gol non veuse abaixo e seguiu xogando coa mesma forza e agora mais motivado coa seguridade de que merecían o empate. O Ribera veu atrás no intento de pechar o partido e levar os tres puntos e aí estivo a súa equivocación. Puido ser distinto se nun contraataque do Ribera, Adrián acertase coa portería no man a man co porteiro para facer o dous a cero. Pero na seguinte xogada, ante a falta de presión no medio campo, un centro ao area do Gondomar é rematado de cabeza polo seu dianteiro centro de gran altura e fortaleza física, en loita desigual con Pablo, para acadar o empate
.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

U.D. RIBERA, 6(Oscar, 3, Brais, Quique y p.p.)-U.D. MOS, 3

Alineación U.D. Ribera: Pablo, Diego, Adrian, Bruno(David), Ivan, Marcos, Puertas, Oscar,Quique, Jorge(Rubén), Brais(Toñi).

No hay comentarios: