GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

lunes, octubre 01, 2007

RESULTADOS FUTBOL BASE


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

PORRIÑO IND. "B", 2; U.D. RIBERA, 2

Goles: Rubén (Koeman) por partida doble.
Crónica(Victor V.)
Nefasta actuación arbitral que privounos da victoria.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º.

R.C.D. MOUGAS, 1; U.D. RIBERA, 0

Crónica(Ángel V.)
Sábado á tarde en Mougas.
Estebán, Pablo, Jorge, Dani, Rubén, Gándara, Isma, Roberto (Noel), Alvaro, Oscar Moreno (Iván) e Gabri (Adrián).
Vento, moito vento con intres de choiva forte. Area nos ollos de tódolos presentes. Os que coñecemos este campo ben sabemos, que antes ou despois, mellor axiña, débese pensar,por quen corresponda, cambialo de ubicación. O oitenta por cento dos partidos xóganse nunhas condicións imposibles.
O que parecía en principio un bo arranque, ao gañar no sorteo o campo a favor de vento, non foi tal. Pechamos ó Mougas no seu campo, pero faltou tacto e puntería para acadar o gol nas numerosas ocasións das que dispuxemos. Gándara fixo esforzarse o porteiro nunha falta, Oscar M. enviou o balón ó longueiro co porteiro xa superado, Gabri non acertaba a rematar cando ía cara porta, etc. Esteban, agás en dous achegamentos sen forza do contrario, foi un espectador máis.
Na segunda parte, co vento en contra, controlámo-lo partido e tivemos tamén ocasións. Pero ¡o que é o fútbol !, quizáis no único achegamento con certo perigo do Mougas, ó enviar unha falta á nosa área, balón dividido que nin Esteban, nin a defensa despexa, e un xogador do Mougas remata de cabeza en plancha para obte-lo gol da victoria.
Inxusto castigo para o Ribera que sempre foi superior.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

U.D. RIBERA, 5; O CONDADO F.C. "B", 0

No hay comentarios: