GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

lunes, octubre 29, 2007

RESULTADOS



Grupo TERCERA AUTONOMICA - GRUPO 20º.
Jornada 7 - 28/10/2007

U.D. RIBERA, 2- U.D. MOS, 1

Goles: Josiño e Julián.

PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

COLEGIO APOSTOL , 4- U.D. RIBERA, 2(Oscar e Anselmo)
(Crónica Victor V.)
U.D. Ribera: Sergio, Nestor, Pini, Asier, David M., Sevilla, Anselmo, Miguel(Cano), Óscar(Koeman), Pichi, Jordan.Partido disputado no campo do colexio Apóstol de Vigo, no que unha vez máis os erros defensivos no comezo do partido botaron por terra un traballo colectivo que non merecía tal castigo.Corrían os primeiros minutos cando un despiste tra-lo despexe dun córner permite o 1-0. Poucos minutos despois, unha serie de rechaces na área pequena acaba co 2-0 no marcador, que daba un premio excesivo e inesperado ó equipo local. Antes do descanso, Óscar recorta distancias.A segunda parte foi un auténtico monólogo de ataques e ocasións para o Ribera, que mostraba ambición e loita en cada xogada, mostrándose moi superior ó rival, pero unhas veces a mala fortuna e outras a falta de definición impiden que se faga xustiza no marcador. O Ribera conta con ata seis ocasións claras de gol pero no único achegamento local, o árbitro invéntase un penalti que significa a sentencia. Antes do remete, un erro de Sergio á hora de medi-la saída permite o cuarto gol local e tres minutos despois Anselmo empurra á rede un servicio de Cano e pon o resultado final no marcador.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º.

U.D. RIBERA,3- SAMPAIO, 1
Goles: Adrián, Alvaro e Osvaldo.
(Crónica Anxo V.)
U. D. Ribera: Pablo(Esteban, min.60), Noel, Dani, Jorge(Osvaldo min.35), Rubén, Gándara, Alvaro, Ismael, Fabio(Suso min.60), Fabián, Adrian(Iván, min.70).
Mal partido no municipal da Mata.
Os tres minutos Adrián recibe un bo pase de Alvaro en profundidad que cruza a saída do porteiro rival 1-0. Isto en vez de ser bo, fixo que o Ribera dormitase durante o resto do partido dandolle o balón o equipo contrario. Aínda así a superioridade do Ribera faciase evidente, e noutra xogada aislada nun bo disparo de Alvaro poriase o dous a cero no marcador. Pero a insistencia do Sampaio e a desidia do Ribera seguía, ata que antes do medio tempo una xogada mal defendida por todo o equipo convirtese no 2-1 que metia o medo no corpo o noso equipo.
Na segunda parte una timida reacción con alguns minutos de bo xogo combinativo permitian acadar o 3-1 tranquilizador por medio de Osvaldo remantado un bo centro dende a dereita. De ahí ata o final boas intervencions de Esteban e a incapacidade do Sampaio impediron que os puntos voasen do noso peto nun partido para esquecer.


SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.


U.D. RIBERA , 13- SALVATIERRA, 0


Alineación: PABLO, RUBEN, ADRIAN, BRUNO, JORGE, DIEGO, PUERTAS, OSCAR, TOÑI,QUIQUE, VILLA.


GOLES: Villa (8) Oscar (2) Quique (1) Gorge (1) Marcos (1)

No hay comentarios: