GIF 468x60 GENERAL DEPORTE
Camisetas GRATIS

martes, octubre 09, 2007

RESULTADOS FUTBOL BASE


PRIMERA AUTONÓMICA JUVENIL - GRUPO 11º.

U.D. RIBERA, 3; RACING VILARIÑO, 3
Goles:(Anselmo, 3)
Alineación da U.D. Ribera: Sergio, Néstor, Macua (Pini), Asier, David, Sevilla, Anselmo, Mauro(Iván), Cano(Miguel), Koeman y Pichi(Jordan). Antes de comenzar o partido guardouse un minuto de silencio polo falecemento da aboa do xogador local Sevilla.
(Crónica Victor V.)
Partido da 4ª xornada disputado no Estadio de A Mata, que presentaba un aspecto inmellorable para o xogo. O que nun principio parecia que sería un partido fácil para o Ribera converteuse nun encontro complicado e cheo de erros que fixo que un punto se considere un mal menor. Adiantouse o Ribera cun claro penalti por mans dentro da área que Anselmo convirte con tranquilidade. Pouco despois nunha boa combinación entre Mauro, Cano e Anselmo acaba co segundo tanto a prol dos locais. Ata aquí o Ribera mostrouse expeditivo e seguro na defensa, sen permitir achegamentos visitantes, pero a dous minutos do descanso, un erro en cadea da defensa, permite que unha inocente falta se converta no 2 a 1. Este gol espolea ó Vilariño e mete o medo no corpo ó Ribera, que se ven incomprensiblemente atrás. Xa no segundo tempo e prácticamente de forma seguida e sen posibilidade de resposta chegan o empate e o 2 a 3 a prol do Vilariño,conseguidos tras sendos erros defensivos. A partir dese momento, tralos conseguintes minutos de desconcerto, o Ribera desperta e consegue ter un mínimo control do xogo, botarse arriba e ter ocasións de gol. Desta forma, nos minutos finais, Anselmo recibe na frontal, encara ó rival e,tras desbordalo, vese zancadilleado dentro da área: penalti claro que él mesmo volve transformar con mestría. Así pois, tralos 90 minutos, un punto que se pode dar por bó visto o sucedido no terreo de xogo.

SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE - GRUPO 15º

U.D. RIBERA-Xornada de lecer.

SEGUNDA AUTONÓMICA INFANTIL - GRUPO 17º.

ADECA CAMYPOR, 1; U.D. RIBERA, 3

Goles:Quique, Puertas y Brais.

No hay comentarios: